LINGUA GALEGA (semana do 1 ao 5 de xuño)

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO


DÍA 1 (luns)

Comezamos a semana repasando as palabras derivadas na unidade 7(3) de snappet.


DÍA 2 (martes)

Comezamos o tema 14 ollando a lámina de páxina 172, intentando contestar as preguntas utilizando o vocabulario do recadro. Para facer o exercicio 1 tedes que escoitar este audio.

DÍA 3 (mércores)

Hoxe tedes que ler a lectura da páxina 174, pero antes escoitade este audio para facer o primeiro exercicio. Despois de ler dúas veces a lectura contesta as preguntas da páxina 176. Se non sabes a resposta volve a ler a lectura.


DÍA 4 (xoves)

Terminamos as clases de lingua facendo os exercicios da páxina 177. Tedes que ler o recadro para saber cando os verbos están en pasado, que expresan o que fixo alguén antes do momento actual.