LINGUA GALEGA (semana do 11 ao 15 de maio)

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

DÍA 11 (luns)

Comezaremos a semana redactando unha noticia. Tedes que facer a páxina 156 e 157 do libro.
O exercicio 4 facédelo nunha folla, despois faille unha foto e mándama ao correo 2primaria@ceipmr.com. Le ben o que tes que facer.

DÍA 12 (martes)

Hoxe terminamos o tema 12 facendo a páxina 158 e o exercicio 3 da páxina 159.

O próximo domingo día 17 é o Día das Letras Galegas, por iso imos coñecer ao homenaxeado deste año Ricardo Carvalho Calero. Nesta páxina podedes ler sobre a súa biografía. Leédea varias veces para poder facer os exercicios o próximo día.

DÍA 13 (mércores)

Hoxe imos facer unha actividade para o día das letras galegas neste enlace. Se o principio non funciona facede clik na páxina e darlle a permitir para que apareza o exercicio.

DÍA 14 (xoves)

Nesta última clase teminaremos de coñecer a Ricardo Carvalho Calero facendo as actividades neste enlace.


Que tiñades un bo Dia das Letras Galegas!