LINGUA GALEGA ( semana do 18 ao 22 de maio)

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

DÍA 18 (luns)

Bo día a todos e todas.
Comezamos o tema 13 mirando e contestando as preguntas da páxina 160. Coas palabras do vocabulario facede, con cada unha, unha oración de máis de cinco palabras. Na páxina 161 tedes que facer o exercicio 1 escoitando este audio.

En snappet hoxe repasaremos as oracións na unidade 3 (7).

DÍA 19 (martes)

Hoxe traballaremos en snappet repasando os diminutivos na unidade 4 (3) e as palabras con CE e CI na unidade 4 (4).

DÍA  20 (mércores)

Na páxina 162 tedes este audio antes de facer a lectura. Despois ledes a historia polo menos dúas veces e contestades as preguntas da páxina 164. Se non sabedes as respostas volvede a ler a lectura e buscade nela a solución correcta.

DÍA 21 (xoves)

Terminamos as clases de lingua repasando o verbo na páxina 165. Xa sabedes que son esas palabras que nos dín o que estamos a facer. Despois completamos o traballo en snappet na unidade 11 (6).