LINGUA GALEGA ( semana do 25 ao 29 de maio)

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO


DÍA 25 (luns)

Comezamos a semana traballando na páxina 166 e 167 do libro, onde veremos palabras con X.
Tamén tedes un ditado para que o leades e despois o copiedes na libreta. Poñede atención.


DÍA 26 (martes)

Hoxe tedes que ler, antes de facer, a páxina 168 e 169 do libro. Os exercicios son moi fáciles pero ponede atención para non equivocarse.


DÍA 27 (mércores)

Terminamos o tema 13 lendo o poema da páxina 170 para facer os exercicios. Despois facedes as actividades de repaso da páxina 171.

DÍA 28 (xoves)

Teminamos a semana repasando en snappet o xénero dos nomes, na unidade 9 (7).
Tamén repasamos as palabras con GUE, GUI, na unidade 5 (4) de snappet.