LINGUA GALEGA (semana do 4 ao 8 de maio)

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO


DÍA 4 (luns)

Empezamos a semana co tema 12 do libro. Observade a lámina do libro e intentade contestar as preguntas da páxina 148 utilizando o vocabulario que tedes no recadro. Despois facemos os exercicios da páxina 149. Para facer o primeiro tedes que escoitar o audio.

Xa que terminaredes moi rápido podedes facer o exercicio da unidade 3(3) de SNAPPET onde veredes unhas palabras que xa coñecedes, os antónimos, é decir as que din o contrario.

DÍA 5 (martes)

Hoxe empezamos na páxina 150 do libro escoitando este audio para facer o primeiro exercicio. Despois ledes a lectura dúas ou tres veces e contestades as preguntas da páxina 152. Se non sabedes as respostas buscádeas na lectura.

DÍA 6 (mércores)

A páxina 153 do libro non a faremos, porque verémo os adxectivos o próximo curso. Entón imos continuar facendo a páxina 154 e 155. Non vos esquezades de ler o ditado e copialo ou que alguén da vosa familia volo dite.

DÍA 7 (xoves)

Na sesión de hoxe repasaremos as palabras con BL e BR que xa realizachedes onte e ademais as palabras con Pl e PR na unidade 6(4) e (5) de SNAPPET.