LINGUA GALEGA ( semana o 8 ao 12 de xuño)

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO


DÍA 8 (luns)

Comezamos a semana facendo os exercicios da páxina 178 e 179.  Tedes un ditado para escribir despois de lelo dúas veces polo menos.


DÍA 9 (martes)

Hoxe faremos as actividades da páxina 182 e 183. Lede ben o texto antes de contestar as preguntas.


DÍA 10 (mércores)

Comezamos o tema 15 mirando a lámina e contestando as preguntas, despois facemos o primeiro exercicio da páxina 185 escoitando este audio.
Tamén facemos os exercicios da páxina 189 onde veredes o futuro dos verbos que din o que vai ocorrer o que vai facer alguén máis tarde.

DÍA 11 (xoves)

Hoxe ledes a lectura da páxina 186 e 187 polo menos dúas veces. Antes tedes que escoitar este audio para facer o exercicio de MELLORO A MIÑA LECTURA. Despois facedes as actividades da páxina 188 para contestar as preguntas da lectura. Se non as sabes volve a ler a lectura.